Sábado 26, inestabilidade, chuvascos, temperatura baixa e neve a partir dos 1.200 metros

25 Outubro 2024

Este sábado estará marcado pola inestabilidade atmosférica en gran parte de Galicia. Espéranse ceos nubrados e chuvascos intermitentes, que poderán vir acompañados de treboadas en zonas localizadas. A cota de neve situarase inicialmente nos 1200 metros, ascendendo progresivamente ao longo da xornada.

En canto ás temperaturas, non se prevén cambios significativos estando baixas. O vento soprará de compoñente norte, con intervalos moderados en zonas do interior e refachos máis intensos no litoral atlántico, onde se poderán rexistrar ventos fortes.

meteogalicia

o noso mar: Vento do oeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 5 a 7 á tarde e 4 a 6 á noite. Mar ovellado á mañá, media vaga á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e 2 a 3 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.