Rianxo achega en outubro unha completa axenda de exposicións, teatro, concertos e presentacións literarias

08 Outubro 2024

A axenda de Rianxo deste mes de outubro inclúe exposicións, espectáculos teatrais para todas as idades e presentacións literarias. Tamén haberá celebracións nas parroquias, como as Festas do Carme de Leiro, que comezan este 11 de outubro (coa verbena de América de Vigo e DJ Matrek) e proseguen os días 12 (con Cinema e Elatium) e 13 (con La Bamba).

No capítulo de espectáculos para a rapazada, este venres 18 de outubro actuará o grupo Migallas Teatro, ás 18.00 horas no CEP Brea Segade, en Taragoña. Representarán o espectáculo musical e infantil Cantaxoga. A entrada será de balde.

O 18 de outubro María de Xacobe presentará o libro La higuera yerma ás 20h no Auditorio.

Ademais, o 25 de outubro a compañía Martabelas Teatro representará a comedia negra para todos públicos Segredos de familia e licor café no Centro Sociocultural de Asados, a partir das 20h. A entrada é de balde.

Seguindo coas artes escénicas, Talía Teatro levará Unha inimiga do pobo, de Henrik Ibsen e dirixida por Tito Asorey, ao Auditorio Municipal. Será o 26 de outubro ás 20.30h. A entrada será de balde até completar o aforo. Trátase dunha obra para público adulto.

O día 27 de outubro o clarinetista Alejandro Sanjiao achegará un concerto no Auditorio, ás 18.30h, ao abeiro do IV Ciclo de Novos Intérpretes.

O 2 de novembro o Auditorio acolle a estrea en Rianxo de Só, de Xampatito Pato, ás 19h.

Entre as exposicións figura a mostra de pintura Reflejos del Alma, da artista madrileña afincada no concello rianxeiro Raquel Rey, que poderá visitarse até o 02 de novembro na sala de exposicións do Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.