Preto de 1,4 M€ a axudas destinadas a impulsar proxectos de conservación e posta en valor dos parques naturais

16 Outubro 2024

Ribeira recibira axudas para o tratamento e o control e erradicación da Cortaderia selloana (herba da pampa)

A Xunta destina preto de 1,4 millóns de euros a máis dun cento de axudas destinadas a impulsar proxectos de conservación e posta en valor dos parques naturais de Galicia, tal e como recolle a resolución que publica
hoxe o Diario oficial de Galicia .
Segundo explicou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita ao centro de interpretación do Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés, beneficiaranse destes apoios 9 concellos, 26 particulares, 54 asociacións e 14 empresas, que destinarán este financiamento a obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos protexidos.
Máis polo miúdo, Ángeles Vázquez explicou que, ao abeiro desta convocatoria, subvenciónanse iniciativas destinadas á conservación e restauración da biodiversidade, especialmente as dirixidas a mitigar os efectos do cambio climático; á mellora da conectividade ecolóxicas da fauna e a flora; a recuperación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais representativos e necesarios para o mantemento da súa paisaxe,
e á creación ou mellora de infraestruturas para a xestión de usos recreativos.
Ademais, segundo subliñou a conselleira, a orde deste ano incluíu como principal novidade que tamén sexan subvencionables campañas de concienciación medioambiental e actividades informativas e de sensibilización relacionadas con calquera dos seis parques naturais.
A contía das axudas chega ata os 12.000 euros por proxecto no caso de que o promotor sexa unha persoa física ou xurídica, asociacións ambientais e comunidades de montes ou empresas mentres que os concellos poden recibir ata un máximo de 40.000 euros.
A conselleira puxo en valor a boa acollida desta convocatoria entre os potenciais beneficiarios do Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés, que reciben, en total, algo máis de 1 millón de euros, que representa máis do 70% das axudas concedidas. De feito, o total dos apoios destinados a asociacións e empresas -68 axudas por un importe de preto de 770.000 euros- corresponden a proxectos deste espazo protexido e 4 dos 9
concellos que reciben financiamento tamén se localizan neste parque ourensán.
A maiores, Ángeles Vázquez salientou que no centro de interpretación deste parque natural se están a acometer obras de rehabilitación enerxética, que contan cun financiamento de máis de 600.000 euros. Esta actuación, que se enmarca no Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos (Pirep) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, ten como obxectivo reducir un mínimo dun 30% o consumo
de enerxía primaria non renovable.
Cómpre lembrar que, ademais do Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés, Galicia conta con outros seis -Fragas do Eume, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia e Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán- aos que se suma o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. Estes sete parques, repartidos por 19 concellos, acadan unha superficie total de preto de 58.000 hectáreas.
Tal e como engadiu Ángeles Vázquez, son áreas naturais que contan cun valores ecolóxicos, estéticos, educativos ou científicos cuxa conservación merece unha atención preferente. Destacan pola beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas e a singularidade da súa flora, fauna e diversidade xeolóxica, incluídas as súas formacións xeomorfolóxicas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.