Patas de Peixe leva a Boiro O Tesouro do Pirata Frank, este venres na Biblioteca

07 Outubro 2024

A Biblioteca Municipal de Boiro (Casa da Cultura) vai dar acollida este venres 11 de outubro ao espectáculo familiar O Tesouro do Pirata Frank, do selo Patas de Peixe. Será a partir das 20.00 horas. Trátase dunha función para nenas e nenos de 3 a 9 anos.

O Tesouro do Pirata Frank é unha peza baseada no libro do mesmo nome de Mal Peet e Elspeth Graham, editado por Patas de Peixe. Cóntanos a historia dun neno que cruza o mar, chega a unha illa, escala montañas, nada nun pantano, sube unhas escadas e chega a unha palmeira, todo para atopar o famoso tesouro de Pirata Frank. Pero cando chega leva unha enorme sorpresa, pois a Pirata Sally Frank non ten gana ningunha de deixarlle poñer as mans no seu cofre….

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.