Paco Nogueiras leva á Casa da Cultural de Ribasieira (O Son) o seu espectáculo Radio Bulebule

02 Outubro 2024

Proseguen esta semana as actividades da primeira edición do Ciclo Cultural Infantil e Itinerante de Porto do Son, e fano con Radio Bulebule, espectáculo do músico multiinstrumentista galego Paco Nogueiras que rende homenaxe á comunicación radiofónica e á súa capacidade para facernos chegar mensaxes a prol da diversidade, o coidado do medio, a vida saudábel ou a cultura e a lingua galega. Será este domingo 6 de outubro na Casa da Cultura de Ribasieira, a partir das 17.30 horas e con entrada gratuíta (con acceso gratuíto até completar o aforo). Organiza a Área de Cultura de Porto do Son coa colaboración da Deputación da Coruña. Máis información sobre o espectáculo na web de Paco Nogueiras.

Radio Bulebule é, en palabras do seu creador, “unha radio itinerante, ambulante e cantante que retransmite para o mundo en linguaxe universal”. Paco Nogueiras convídavos neste espectáculo a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. Trátase pois da “mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal”.

Traballo premiado na categoría de Música Infantil nos VIII Premios Martín Códax da Música celebrados no ano 2021.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...