O Ciclo Cultural Infantil Itinerante leva unha decena de espectáculos de primeiro nivel á rapazada das parroquias de Porto do Son

20 Setembro 2024
Pakolas será unha das estrelas de cartel

A rapazada de Porto do Son vai comezar ter en outono unha ración extra de espectáculos culturais.

A primeira edición do Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son vai vir con nove funcións de primeira liña, segundo confirmou a Área de Cultural municipal, que compartiu nas redes a axenda do ciclo.

Participará boa parte do máis destacado do panorama galego do lecer infantil, por exemplo os músicos Pakolas e Paco Nogueiras ou as compañías Xarope Tulú, Berrobambán ou Educateatro.

Haberá actividades nas casas de cultura de todas as parroquias sonense, co obxectivo de chegar a toda a rapazada do concello entre setembro e novembro.

29 de SETEMBRO

Os Fᴀʙᴜʟᴏsᴏs Cʟᴇᴀɴᴇʀs
Casa da Cultura de Portosín · 18:00h
Malasombra Producións

6 de OUTUBRO
Rᴀᴅɪᴏ Bᴜʟᴇʙᴜʟᴇ

Casa da Cultura de Ribasieira · 17:30h
Paco Nogueiras Nodar

13 de OUTUBRO
As ᴍᴀ́ɪs ᴍᴏʟᴏɴᴀs ᴅᴇ Pᴀᴋᴏʟᴀs

Casa da Cultura de Nebra · 18:00h
Paco Pakolas Cerdeira pakolas.com

20 de OUTUBRO
Os ᴄᴏɴᴛᴏs ϙᴜᴇ ᴍᴇ ᴄᴏɴᴛᴀʀᴏɴ

Casa da Cultura de Queiruga · 18:00h
Berrobambán

27 de OUTUBRO
Cᴏɴᴛᴏs ᴅᴇʙᴜxᴀᴅᴏs, ᴅᴇʙᴜxᴏs ᴄᴏɴᴛᴀᴅᴏs

Casa da Cultura de San Pedro · 18:00
Caxoto Díaz Valle

3 de NOVEMBRO
Cᴏɴᴛᴏs ᴘᴀʀᴀ ᴄᴀɢʜᴀʀ ᴘᴀᴛᴀᴛɪʟʟᴀs
Casa da Cultura de Xuño · 18:00
Charlatana Coop. Galega de Artistas

10 de NOVEMBRO
Cᴀʙɪᴄɪᴠᴀɪ

Casa da Cultura de Baroña· 18:00
Os contos de Pablisimo, Urdime

17 de NOVEMBRO
Cᴀɴᴛᴀ ᴍᴜ́sɪᴄᴀ

Casa da Cultura de Caamaño· 18:00
Pablo Díaz Carro

24 de NOVEMBRO
Rᴏᴜᴘᴀ Tᴇɴᴅɪᴅᴀ

Casa da Cultura de Miñortos · 18:00
Xarope Tulú

1 de DECEMBRO
Cᴀʀᴀᴘᴜᴄʜɪɴ̃ᴀ Vᴇʀᴍᴇʟʟᴀ
Casa da Cultura de Porto do Son · 18:00h
Educateatro Producións

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.