Outes propón aumentar nun 35% a taxa do lixo a partir de 2025 debido a incrementos nos custos de SOGAMA

24 Outubro 2024

O goberno local de Outes presentará no pleno ordinario de outubro unha proposta para aumentar a taxa do lixo a partir de 2025. Esta decisión responde ao recente incremento do canon que SOGAMA impón aos concellos, que pasará de 60 € a 108 € por tonelada tratada, o que suporá un aumento anual de 110.000 € para o Concello. Segundo fontes do executivo, a taxa non se actualiza desde 2016, período no que os custos de recollida e transporte se duplicaron, pasando de 100.000 € a máis de 200.000 € anuais.

A proposta do goberno implica un incremento do 35% para as vivendas, pasando de 64,66 € a 87,30 € anuais. A administración local argumenta que esta nova taxa segue sendo inferior á que se aplica en outros concellos que non adoptaron a suba de SOGAMA. Ademais, a nova estrutura da taxa busca rectificar desigualdades previas, aumentando as cotas para establecementos comerciais de maior tamaño e introducindo unha tarifa progresiva para os hoteis, baseada no número de prazas.

Aínda que se prevé que a nova taxa aumente os ingresos, o Concello anticipa que os gastos para 2025 ascenderán a 546.000 €, mentres que os ingresos estimados poderían alcanzar, no mellor dos casos, 400.000 €.

Finalmente, o goberno municipal criticou a postura dos populares de Outes, acusándoos de demagoxia ao ignorar que o aumento da taxa é consecuencia do “incremento brutal e unilateral” da factura de SOGAMA e a Xunta de Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...