Os empresarios de Ribeira reclaman o apoio do Concello para habilitar unha pista de xeo no Nadal

31 Outubro 2024

No serán deste mércores 30 de outubro a sede na rúa Rosalía de Castro da Asociación de Empresarios de Ribeira acolleu unha reunión informativa cos membros da entidade, pertencentes aos sectores locais do comercio, a hostalería e a restauración, na que se deu conta dos traballos que se están a levar a cabo para perfilar a Campaña de Nadal de 2024. Accións como a a aldea de Nadal e a pista de xeo. Con respecto a estas actividades explicouse cal é a situación para poder levalas a cabo.

Na reunión fíxose saber que non se vai dispor dun incremento na asignación achegada polo Concello para a Asociación Empresarios con vistas a dar corpo ás diferentes actividades que se desenvolven no transcurso do ano: “Non só se mantén na mesma asignación contía que en anos anteriores, senón que ademais se incumpre o compromiso manifestado coa argumentación do orzamento”, explicou a directiva da patronal, que aproveitou a sesión para lembrar que se lle pediu ao Concello “a reserva de chan en praza de España, para, coa antelación necesaria, poder contratar os eventos programados”. E engadiron: “A día de hoxe nada sabemos da devandita dispoñibilidade, o que dadas as datas fainos imposible xa contratar a aldea de Nadal pois as empresas que o levan a cabo xa se comprometeron con outros municipios, e é por iso que nos vemos na necesidade de pedir a Portos de Galicia a ocupación de terreos no Malecón como alternativa para a instalación da pista de xeo, pese ao custo que isto implica”.

Afondando na posibilidade de habilitar a pista de xeo, a asociación recoñeceu que se ve na necesidade de pedir aos comerciantes afrontar unha derrama, para compensar a diminución dos fondos achegados polo Concello, “necesaria para que se poida materializar a dita instalación”. A directiva tamén expuxo a alternativa, aprobada por unanimidade, de “facer acordos con outras entidades para lograr o orzamento necesario, entre as cales atópanse os concellos limítrofes, que, a pesar de realizarse a actividade en Ribeira, están interesados e así nolo manifestaron en participar para que esta actividade leve a cabo”.

Dende a dirección da patronal recoñeceron sentirse “abandonados polo Concello”, polo que lle pediron publicamente o equipo de Goberno local “que facilite a realización da devandita actividade por ser de gran importancia económica para a nosa hostalería, comercio e como non, para a nosa cidadanía que poderá gozar do devandito evento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.