Os empresarios de Ribeira inauguran esta semana a 3ª edición da mostra Camiño da Arte, que se pode ver en 24 comercios locais

17 Outubro 2024

A Asociación de Empresarios de Ribeira ultima os detalles da súa seguinte campaña: a terceira edición do certame Camiño da Arte, que se celebra entre o 18 e o 30 de outubro en dúas ducias dos establecementos asociados. Desta volta, participarán 21 artistas organizados por Teresa Ramallo, comisaria da iniciativa, expoñendo a súas obras de arte en 24 escaparates locais. A finalidade desta campaña da patronal ribeirense é promover os artistas da contorna de Ribeira e O Barbanza á vez que “dinamizamos as rúas de Ribeira e aumentamos a afluencia de xente e potenciais clientes que visitan os escaparates e os establecementos comerciais”.

Esta campaña está co-financiada pola Xunta. Participan os seguintes artistas: Manuel Teira, Jontxu Argibay, Marijo Sampedro, Rebeca Novo, Maralia Paz, Carmen Sampedro, Isabel Rey, Toño Somoza, Rosa María Suárez, Ainhoa Pérez, Ana Teira, Maruxía, Teresa Argibay, María Goretti Bello, Teresa Ramallo, Pilar Ageitos, Teresa González, Iria Pérez, Patxi Paz, Ester Rincón-Benzalá e Marian Briones.

Exporán en Confitería Dominga, Lápices de Colores, Ribalá, Electrodomésticos Sampedro, Gena’s, Peluquería Manuel Vilarrey, Palacio del Bebé, Decor-lux Iluminación, Trazos, Academia Yara, Calzados Horacio, Pillados, Bazar de Oujo, Iluminación Lijó, Champion Sport, Deportes Black Estévez, Floristerrae, Regalos O Capricho, Teresa Confecciones, Miradoiro Ópticos, Chaira, El Tocador de Mujer, Os Nenos e Heart Beat.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.