O XV Concurso Galego de Robótica volve premiar un equipo de estudantes do IES Nº1 de Ribeira

29 Outubro 2024

A entidade galega de divulgación tecnolóxica e científica Igaciencia resolveu o palmarés dos premios do seu XV Concurso Galego de Robótica, destinados a exaltar o talento da rapazada dos nosos centros educativos en materia de tecnoloxía creativa e STEM (acrónimo de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática). Os galardóns, nos que participaron máis de 800 alumnos de 30 centros da xeografía galega, foron resolvidos na Coruña a semana pasada, logo da celebración do concurso entre o 21 e o 25 de outubro. O certame contou novamente coa colaboración do Concello da Coruña.

O palmarés tivo novamente protagonismo de Ribeira. Así, un grupo de estudantes do IES N°1 formado por Nicole Barros Martínez, Adrián Otero Acosta, Xoel Ageitos Somoza, Lázaro Losada Borja e Pedro Estévez Suárez acadou a primeira posición por segundo ano consecutivo, e fíxoo na categoría de 4°ESO, Bacharelato e e FP. O venres 25 de outubro celebrouse a recollida de premio na cidade da Coruña, onde ademais da entrega de  diplomas e o premio económico, fíxose fincapé no labor do IES Nº1 no eido da robótica (xa que se trata da cuarta vez que se  acada a primeira posición). Tamén o alumnado recibiu unha pequena  homenaxe pois a puntuación acada polo grupo foi a máis alta nos quince anos que se leva celebrando este certame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.