O Son acolle unha xornada sobre os complementos alternativos para o sector pesqueiro (o 25 de outubro)

16 Outubro 2024

O vindeiro venres 25 de outubro o edificio da Confraría de Porto do Son vai dar acollida a unha xornada de divulgación do GALP Costa Sosíbel, adicada á análise dalgúns complementos alternativos para o sector pesqueiro e a súa posíbel implantación no territorio sonense. A cita dará comezo ás 19.00 horas. Contarase coa presenza de Sauro Martínez (patrón maior de Sanxenxo, co relatorio A pesca turismo como complemento da actividade pesqueira), Manuela Oviedo (xerente do GALP Costa Sostíbel, coa charla Liñas de axuda para o sector pesqueiro no GALP Costa Sostible) e Juan José Rial Millán (patrón maior da Illa de Arousa, que falará de A recolección de algas como oportunidade alternativa para o sector). Haberá un pincho-coloquio á finalización do acto. As inscricións pódense facer a través do enderezo galp.mar.costasostible@xunta.gal ou de 638 033 467.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.