O PSOE de Ribeira reclama á Xunta axudas ao sector pesqueiro

10 Outubro 2024

O PSdeG-PSOE de Ribeira reclama á Xunta de Galicia axudas ao sector pesqueiro da localidade para garantir a súa actividade ante as problemáticas que este está a experimentar.

O voceiro socialista local e segundo tenente de alcalde de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, asistiu xunto a outros representantes do Concello a unha reunión coa Confraría de Pescadores de Ribeira e a Deputación da Coruña para tratar ditas problemáticas.

Participaron na reunión, entre outras persoas, a deputada responsábel da área de Mar da Deputación, Cris Capelán, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, e o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones.

Na xuntanza explorouse a posibilidade de acceso da Lonxa de Ribeira a futuras axudas da Deputación provincial. “Agradecemos o compromiso da Deputación co sector en Ribeira, ao non poder acceder ás axudas correspondentes que a Xunta está creando”, sinalou Suárez-Puerta.

“O Goberno galego debería dar máis axudas á pesca en Ribeira ante a situación actual, que ten ocasionado que 15 barcos se visen obrigados a ficar amarrados no porto por falta de cotas”, explicou o socialista, engadindo que estas circunstancias “están creando problemas importantes tanto para os traballadores como para os armadores e a xerencia da lonxa, todo o sector vese afectado por esta problemática”.

Apuntou tamén que “por todo isto é moi importante afianzar estes vínculos entre o sector, o Concello e a Deputación, que co tempo darán os seus froitos e farán máis forte á pesca en Ribeira”.

Tamén se acordou na xuntanza avanzar entre as partes reunidas para que a Lonxa poida acadar os estándares MSC (Marine Stewardship Council), que permitirán certificar que os produtos proceden da pesca sostíbel e que as empresas comercializadoras cumpren co Estándar de Cadea de Custodia en materia de rastrexabilidade.

“Esta certificación permitiría abrir a comercialización de produtos da Lonxa de Ribeira a grandes mercados estranxeiros, que actualmente non adquiren estes produtos por non ter estes o certificado”, indicou Suárez-Puerta.

Na xuntanza tamén se trataron na xuntanza outros puntos, como o da creación dun museo do mar nunha zona da Lonxa, “xa que existe unha gran demanda por parte dos visitantes de coñecer mellor o seu funcionamento”.

Tamén o da creación dunha ludoteca, que permitise que durante momentos puntuais os fillos e fillas de traballadores da instalación puidesen quedar nela mentres os seus familiares realizan as súa actividade laborais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.