O PSOE de Rianxo cualifica de “pouco transparente” o proceder do Goberno local no último pleno

27 Outubro 2024

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo emitiu un comunicado relativo ao pleno extraordinario que convocou a agrupación para aclarar cuestións fundamentais que afectan ao desenvolvemento e benestar da cidadanía. Na orde do día, incluíronse “puntos críticos” para o PSOE, como o estado de execución das obras municipais, a implantación do servizo de atención temperá, o estado do Centro de Día, o desenvolvemento do solo industrial e a transparencia na xestión das contas municipais, incluíndo contratos e facturas.

“Con todo”, indican os socialistas, “o alcalde mostrou unha falta de vontade para abordar estas cuestións, convertendo o pleno nun exercicio de opacidade e obstaculización do debate”. O grupo foi especialmente crítico co xeito de abordar dende o Executivo local a implantación do servizo de atención temperá, xa que din que “o rexedor negou o seu inicio, desmentindo a evidencia proporcionada polas propias familias e as publicacións informativas do Goberno municipal en setembro”. Para o PSOE rianxeiro, “este tipo de desinformación afecta á transparencia, xera confusión e debilita a confianza na xestión pública.

O PSOE tamén denunciou” a falta de transparencia do grupo de Goberno nas contas municipais, cuestionando a opacidade na xestión de contratos e facturas e o limitado acceso á información sobre a execución de obras e servizos, dificultando así un control efectivo e unha adecuada rendición de contas á veciñanza”. Din tamén que durante o pleno “o alcalde negou ao Grupo Municipal Socialista o dereito a réplica, vulnerando un acordo escrito previo no que se garantía un espazo de intervención a cada grupo, o cal supón unha clara falta de respecto aos dereitos democráticos e aos acordos plenarios”

Así mesmo, os socialistas invitan a BNG e PP de Rianxo a que manifesten tamén esta cuestión relativa a oposición e “que non queden pasivos ante a vulneración dos dereitos democráticos que lles afecta tamén a eles.” Ante esta situación, o PSOE de Rianxo decidiu presentar unha moción para instar o grupo de Goberno a iniciar, nun prazo máximo de 15 días, os contactos necesarios para a redacción dun Regulamento Orgánico Municipal. “Este regulamento permitirá definir de maneira precisa os dereitos e obrigas dos grupos municipais, buscando así evitar novas vulneracións á representación democrática”, sinalaron de o PSOE, engadindo que “os socialistas xa enviamos unha proposta de reunión aos grupos da oposición para acordar as liñas de traballo iniciais deste regulamento”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...