O PP de Ribeira, crítico co resultado das obras de reforma do Mercado Municipal

20 Outubro 2024

O grupo do Partido Popular compartiu un comunicado no que mostra o seu rexeitamento ás obras levadas a cabo no Mercado Municipal, que, segundo indica o PP, están a xerar problemas entre as traballadoras e os traballadores do inmóbel. As obras, que obrigaron a pechar as instalacións entre o sábado 12 e o martes 15 de outubro, “puxeron en risco a seguridade das persoas que transitan e traballan nas dependencias municipais”, sinalaron os populares, informando que “foron numerosas as persoas que esvararon durante os últimos días, mais no día de onte unha traballadora do mercado tivo que ser evacuada en ambulancia por unha caída coma consecuencia da situación escorregadiza na que se atopa o chan”.

A respecto dos traballos (o pintando do chan), o grupo di que “parécenos incrible que, pese aos avisos da situación que estaba a acontecer, o Concello non tomase ningunha medida”. E engaden: “A climatoloxía desta semana, con xornadas moi chuviosas, aínda incrementaba a posibilidade de que acabase ocorrendo unha situación máis grave como a da xornada do sábado; agardamos que quedase nun susto e que a persoa lesionada poida recuperarse tranquilamente dende a súa casa, pero esta situación non pode repetirse, máis cando existen advertencias e antecedentes”.

O grupo creo que “dende o Concello non quixeron adoitar medidas propostas como a colocación de cintas antiescorregantes, ou algún elementos similar testado por Sanidade para minorar os problemas, ou mesmo a colocación de alfombras para emendar provisionalmente o problema; polo que o tripartito terá que dar explicacións sobre se a escolla do material para realizar os traballos era a idónea ao igual que o tempo de agarda para que as instalación se puideran abrir en condicións óptimas”.

Os populares agardan unha pronta solución a este problema dun colectivo que “é un eixo dinamizador do comercio local e que ten que ver garantidas as súas condicións de traballo”. Dende o grupo municipal realizarán unha pregunta no pleno ordinario para solicitar explicacións sobre este tema.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...