O Mago Richard reivindica en Boiro (este venres na Biblioteca Municipal) a maxia dos libros

01 Outubro 2024

O Mago Richard estará este venres 4 de outubro en Boiro, na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura, para achegar un espectáculo infantil e familiar: Todo está nos libros. A cita será a partir das 20.00 horas. A función, encadrada no programa de dinamización lectora das bibliotecas galegas Ler Conta Moito, está adicada a fomentar a paixón polos libros e as narracións orais a partir do personaxe do Mago, que irá guiando aos asistentes ao mundo máxico da lectura mediante historias tematizadas, impulsando a creatividade, os valores e o interese polos libros. Mesmo tamén ao libro electrónico. Promoverase a participación activa do público. A peza, recomendada para nenas e nenos de máis de 8 anos, terá case unha hora de duración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.