O grupo Turbina achega en Boiro unha nova edición do Túnel do Terror (este xoves no Centro Social)

28 Outubro 2024

Este xoves 31 de outubro a mocidade de Boiro e do Barbanza poderá festexar o Samaín a tope no local Leñaverde do Centro Social boirense, a partir das 18.30 horas. Trátase dunha nova edición do Túnel do Terror organizado polo grupo de voluntariado Turbina con sesións para público familiar e xuvenil.

A actividade, que vai xa pola súa cuarta edición, contará con sesión para público familiar (de 6 a 12 anos) das 18.30 ás 20.00 horas, e sesións para público xuvenil (maiores de 12 anos) entre as 21.30 e as 22.30 horas e entre as 23.00 e as 00.00 horas.

O acceso será por orde de chegada e o percorrido polo túnel do terror farase en grupos reducidos. Dende o grupo de voluntariado Turbina animan a toda a veciñanza a achegarse disfrazado para gozar desta actividade do Samaín.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.