O grupo Ska-Rnio Escénico, de Rianxo, premio Xuventude Crea 2024

28 Outubro 2024

A Xunta compartiu os grupos gañadores da especialidade de teatro do certame Xuventude Crea 2024, despois das representacións desta fin de semana no Salón Teatro de Santiago. Na fase final desta categoría o xurado outorgou o primeiro premio na modalidade Amador a Ska-Rnio Escénico, de Rianxo (pertencente á histórica agrupación Airiños), coa obra Fraktal, e no apartado Pro a Coidadobastón!, de Redondela (Pontevedra), coa función Recordari.

Ademais, na sección Amador recoñeceuse co segundo premio a LaBarata producións, de Santiago de Compostela, que representou Ingobernábeis (Apto/non apto), e co terceiro a O Cadro, de Taboadela (Ourense), coa peza A puta namorada.

Así mesmo, conseguiron o segundo e terceiro posto na modalidade Pro a compañía t.E.T.a, de Ourense, co espectáculo Que importante é e que pouco se fala, e Nauta Teatro, de Teo (A Coruña), con Ephímeros, respectivamente. Nesta última tamén recibiu unha mención de honra o grupo Ancoraxe, de Narón (A Coruña), coa peza Novecento.

Lembrar que a división nestes dous apartados da categoría de teatro é unha das novidades que incorporou o Xuventude Crea 2024 con respecto ás súas 14 edicións anteriores. Así, os grupos xuvenís vinculados a centros de educación secundaria, grupos amadores ou escolas municipais, entre outros, puideron participar na modalidade Amador, mentres que as compañías de nova creación, profesionais emerxentes ou grupos formados por alumnado ou egresados da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia fixérono na de Pro.

Os primeiros premios de cada unha das seccións están dotados de 2.000€, os segundos levan 1.500€ e os terceiros 1.000€. Ademais do incentivo económico, o certame ofrece a oportunidade de visibilización dos traballos presentados, ao que se suma a colaboración do Centro Dramático Galego, que poderá apoiar ás persoas ou compañías gañadoras no apartado Pro impulsando o lanzamento do seu proxecto artístico.

Os galardoados recibirán as distincións xunto co resto dos premiados nas distintas especialidades do certame, 16 en total, nunha gala final que terá lugar a mediados de decembro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.