O deputado de patrimonio, Xosé Penas, visita Noia para abordar a posible rehabilitación de elementos patrimoniais

16 Outubro 2024

Penas reuniuse co concelleiro de cultura e turismo, José Pérez Martínez, nunha xornada na que tamén aproveitou para visitar a Igrexa de Santa María a Nova.

O concello de Noia recibiu a visita do deputado de patrimonio e contratación, Xosé Penas, que, ademais de reunirse co concelleiro de cultura e turismo, José Pérez Martínez, visitou a Igrexa de Santa María a Nova; un dos exemplos máis representativos de Galicia de estilo gótico mariñeiro.

“Esta igrexa” sinalou Penas, “é un reflexo da nosa historia, da nosa memoria colectiva como país, e por iso debe estar nas mellores condicións, como merece un ben desta magnitude”, engadiu.

O deputado e o concelleiro abordaron a necesidade de rehabilitación de diferentes elementos patrimoniais como a Igrexa de Santa María a Nova, entre outros, valorando posibles actuacións futuras para mellorar e poñer en valor o patrimonio desta histórica vila.

Xosé Penas destacou o valor histórico e patrimonial do concello de Noia, “que alberga auténticas xoias”, e recalcou a necesidade de “dignificalo, coidalo e preservalo, pola nosa memoria e para as xeracións presentes e futuras”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...