O Concello de Ribeira reforza a pintura nos pasos de peón para garantir a seguridade viaria

23 Outubro 2024

O Concello de Ribeira informou de que está realizando labores de reforzo da pintura viaria nos pasos de peóns co obxectivo de mellorar a visibilidade e garantir a seguridade da cidadanía. Esta medida forma parte do plan de mantemento e mellora das infraestruturas urbanas, enfocado en previr accidentes e asegurar unha mobilidade máis fluída e segura nas rúas da cidade.

O proxecto contempla a renovación da pintura nas zonas de maior tránsito peonil, así como en áreas próximas a centros educativos. Este esforzo “responde á necesidade de manter en óptimas condicións os sinais horizontais, esenciais para a seguridade viaria, especialmente en épocas de choiva e baixa visibilidade”, informou o concelleiro de Obras, Xabier Vidal, explicando que “comezaremos como prioridade cos pasos de peóns e despois procederase coas liñas de sinalización da propia estrada, unha vez rematado o traballo no centro seguirase polas parroquias para garantir a seguridade viaria”.

O Concello de Ribeira agradece a comprensión dos cidadáns ante posíbeis molestias temporais durante a execución das obras, e solicita a súa colaboración respectando as sinalizacións.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.