O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

09 Outubro 2024

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan actualmente os portos do municipio que é “manifestamente mellorábel”, segundo figuraba na proposta finalmente aprobada. Nela facíase ver a urxencia de trasladar ditas demandas de usuarios ao órgano competente na materia. A esta proposición engadíronse dúas emendas unha delas para instar á Xunta a que se implique para que Ribeira volva ter descarga de buques mercantes e outra para que se instale fibra óptica nos portos.

Máis polo miúdo dito expediente enumera tódalas necesidades básicas para o bo desenvolvemento da actividade portuaria por parte dos mariñeiros e mariñeiras de municipio das que sobresaen tres peticións de carácter de urxencia, a primeira e máis importante é “a dragaxe da dársena do porto de Ribeira por mor dos constantes problemas que están a ter os barcos con certo calado para desenvolver o seu traballo”.

O concelleiro Abraldes manifestou neste senso que “se pretendemos ser o porto de baixura máis importante de Europa o primeiro será estar á altura do que se predica xa que o mar para Ribeira é o principal vector na dinámica económica da cidade”.

Outras emerxencias importantes é do arranxo do alumeado nos portos de Aguiño, Corrubedo e Ribeira así como reparar a fenda do pantalán do porto de Castiñeiras.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...