O Concello de Boiro recibe o distintivo Bandeira Verde de Galicia

10 Outubro 2024

O Concello de Boiro recibe o distintivo Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe.

Esta iniciativa busca “distinguir aos concellos máis dinámicos e que desenvolven prácticas para o coidado da contorna, o respecto á paisaxe, a redución das emisións de CO2, a redución do consumo enerxético e moitas outras.

O Concello de Boiro conta cunha poboación de 18.984 habitantes que medra no casco urbano en detrimento do rural, polo que as actuacións que se están a levar a cabo dende o Goberno local queren “incidir na interconexión dos núcleos rurais coas zonas máis poboadas” a través de corredores e carrís bici que se establecen no Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Boiro.

Dende o Consistorio explican que “esta distribución da poboación fai que o núcleo de Boiro sexa o eixe das relacións económicas e sociais e o lugar prioritario para realizar actuacións para mellorar a habitabilidade e conseguir un medio urbano máis verde”. Neste sentido estase a traballar en actuacións como a recuperación dos xardíns do Pazo de Goiáns ou o parque da Cachada, así como a creación de novos sendeiros que unen puntos de interese como o do Breiro a Exipto ou o que une o estuario do río Coroño coa finca de Goiáns.

O Concello de Boiro incide tamén na sensibilización con actividades que teñen como finalidade informar á cidadanía das problemáticas locais con actividades como as de eliminación de especies exóticas e invasoras de espazos naturais; ou o programa Boiro libre de plásticos para concienciar sobre a contaminación do mar e as praias.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.