A alerta laranxa por mor dos fortes ventos e intensas chuvias motiva que o Concello da Pobra do Caramiñal tome a decisión de cancelar as actividades deportivas nas instalacións municipais, tanto no interior coma no exterior.
En principio, só afecta a este mércores 9, segundo confirmaron fontes do Concello.



