O Concello da Pobra convoca un proceso selectivo para unha bolsa de emprego de arquitecto

07 Outubro 2024

Trala aprobación das bases reguladoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de arquitecto/a superior, o Concello da Pobra do Caramiñal convoca as probas selectivas mediante un concurso-oposición. As funcións a desempeñar consistirán no estudo, elaboración de informes, memorias, proxectos, valoracións, orzamentos, asesoramento, inspección urbanística, coordinación e proposta propias da profesión e as tarefas complementarias que se lle encomenden.

Para tomar parte deste proceso, as persoas aspirantes deberán de cumprir unha serie de requisitos, entre eles, estar en posesión da Licenciatura/Grao de Arquitectura ou titulación equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

A solicitude para participar neste proceso selectivo presentarase no rexistro xeral do Concello da Pobra do Caramiñal ou a través dos medios determinados na Lei do Procedemento Administrativo Común. O prazo é de 10 días hábiles que se contarán a partir do seguinte hábil ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), no venres, 4 de outubro. Deberase achegar tamén a documentación xustificativa dos requisitos.

O texto íntegro está á disposición na sede electrónica municipal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...