O BNG solicita unha auditoría externa do Concello de Noia

18 Outubro 2024

O BNG de Noia vén de rexistrar unha proposta que se someterá a debate na próxima sesión plenaria para que “se inicien os trámites legais para a realización dunha auditoría externa que realice unha análise exhaustiva da situación global do Concello”.
Así mesmo, a formación tamén solicita, coa intención de que a proposta non teña repercusións sobre as arcas municipais, que “para este fin se solicite a colaboración dos órganos de control financeiro da Deputación da Coruña para as labores relativas á xestión económico-financeira do Concello de Noia”.
Neste sentido, o portavoz nacionalista, Ricardo Suárez, salienta que a intención é “realizar unha análise exhaustiva da situación global do Concello e que verifique, entre outros, que as operacións e procedementos de xestión desenvolvéronse de conformidade coas normas”.
De igual modo, Suárez indica que este documento poderá servir de base para “corrixir as eivas que se puxeran de manifesto na auditoría” e, desta maneira, corrixir os procedementos de funcionamento municipal para “lograr a maior eficiencia na xestión económico e financeira do Concello”.
Ao respecto, o voceiro do BNG lembra que “durante o presente mandato municipal, así como durante o anterior, a xestión económico-financeira no Concello de Noia vén rexistrando unha serie de vicios recorrentes que lastran a economía local”.
“O abuso do gasto sen consignación e dos contratos menores provoca unha falta considerable de eficiencia nos investimentos en obras e servizos, o que provoca un desfase orzamentario e un gasto maior ao que se realizaría baixo outras circunstancias, o que mingua á súa vez a capacidade do Concello para desenvolver outras iniciativas de importancia para a localidade”, explica Suárez.
Por outra banda, di, “tamén se detectan numerosas eivas nos procedementos de contratación así como a súa axeitada contabilización e imputacións aos orzamento”. Así se reflicte nos informes de intervención, como é o caso do informe de control financeiro da conta xeral de 2023, que salienta que “existe un incremento das facturas sen consignación en relación co exercicio pasado” e que “non se pode perder de vista que este tipo de gasto é irregular e ten que ser inexistente”.
A execución de gasto con coñecemento da inexistencia de consignación orzamentaria, lembra o portavoz nacionalista, é un comportamento irregular e sancionable segundo establece a Lei de transparencia, que considera unha infracción moi grave a asunción de compromisos de gastos, recoñecemento de obrigas e ordenación de pagos sen crédito suficiente para a súa realización.

Outros artigos

Amicos e CESUGA xuntan forzas en materia sociolaboral

A mañá deste mércores, 11 de febreiro, o Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) asinou un convenio con Amicos, asociación inclusiva do Barbanza en materia sociolaboral. Segundo coincidiron, este acordo estratéxico permitirá achegar...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.