O BNG presenta unha proposición non de lei para que a Xunta regule o baleirado e limpeza dos encoros

18 Outubro 2024

Este venres 18 de outubro o BNG compareceu en Noia, para explicar a iniciativa que levará ó parlamento para, instar ó goberno do PP da Xunta,a regular o baleirado e limpeza dos encoros, para “evitar os danos que causan ós bancos marisqueiros e á seguridade das persoas”.

A deputada do BNG no parlamento, Rosana Pérez, acompañada de representantes e portavoces nacionalistas de distintos concellos da ría interpelaba á Xunta, “que é a que ten as competencias, para que se poña do lado dos sectores produtivos da ría, e non do lado das eléctricas que teñen a concesión dos encoros”.

Na ría de Muros e Noia, engadiu “ leva anos pedíndoo o patrón maior de Noia e agora tamén acaba de facer pública a súa petición o presidente das confrarías da Coruña, é necesario un protocolo de desencoro que evite que se abran as comportas coa marea baixa. O BNG tamén levou xa varias iniciativas ó parlamento solicitando isto e, segundo lembrou, “sempre foron votadas en contra polo PP”.

Desde a formación nacionalista advirten de que, nas circunstancias actuais, cun sector marisqueiro á baixa pola merma de capturas e devastado polos episodios metereolóxicos do pasado ano e tamén deste 2024, “medra o temor da incidencia de novos períodos de precipitacións intensas e dunha nova perda de produción que podería ser definitiva en moitos casos”.

A deputada engadiu que “é preciso o regulamento do baleirado e limpeza dos encoros, onde tamén se regulen as sancións ás empresas que responsábeis de danos ás persoas e bens, nomeadamente ós bancos marisqueiros, que supoñen o motor económico de toda a ría”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...