O 29 abre o prazo para a formación en carpintaría de ribeira tradicional do Concello de Outes

25 Outubro 2024

O Goberno local de Outes informa de que abrirá o prazo de inscricións o vindeiro martes, 29 de outubro, para aquelas persoas que queiran participar na formación en Carpintaría de Ribeira a través do proxecto conxunto do Concello e a asociación Terra de Outes: o proxecto Reconstrución dun barco Sancosmeiro e recuperación da carpintería de ribeira. Esta iniciativa vai destinada a protexer e divulgar o patrimonio material e inmaterial da carpintaría de ribeira e achegar os coñecementos este oficio ancestral e histórico, a día de hoxe en risco de desaparecer por falta de remuda xeracional, á cidadanía en xeral. As inscricións realizaranse no rexistro do concello ou a través da sede electrónica municipal. Achéganse cinco prazas. A formación estenderase ao longo de dous anos e as persoas participantes participarán na construción dunha embarcación Sancosmeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.