Na madrugada deste domingo regresamos o horario de inverno

25 Outubro 2024

Coa chegada do outono vén, tamén, o cambio de hora. Neste ano 2024, esta marcha atrás ao reloxo prodúcese na madrugada do 27 de outubro ás 03:00 horas, momento no que haberá que atrasar as manillas ás 02:00 horas. Este é, sen dúbida, o mellor cambio horario, xa que a madrugada do sábado ao domingo gaña unha hora máis de descanso.

Desde 2018, o Parlamento Europeo debate a posibilidade de suprimir estes cambios de hora. Tanto é así que se chegou a aprobar a eliminación dun dos dous cambios horarios, unha decisión que recae, en última instancia, na decisión dos estados membros, quen será os que decidirán sobre se se continuaba co cambio de hora estacional.

Con todo, a ciencia tamén ten algo que dicir con respecto a estas transicións horarias, e é que o corpo humano necesita dunha rutina para o correcto desenvolvemento de todas as súas funcións internas. Así, entre outras cousas, está comprobado que, con este cambio, prodúcese menos melatonina, que é unha hormona que facilita o soño e regula os estados de vixilia dependendo da luz solar.

Tamén pode provocar unha maior sensación de cansazo ao levantarse porque aínda non amenceu. Desta forma, os efectos do cambio horario no inverno comezan con problemas para conciliar o soño e, en consecuencia, ser vítimas dunha sensación continua de cansazo, irritabilidade ou cambios no estado de ánimo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.