Muros homenaxea ás mulleres que forman parte da historia do concello

18 Outubro 2024

O Curro da Praza de Muros acolle desde hoxe o proxecto ‘Ruando: Memoria de Muros’ para recoñecer e homenaxear o papel fundamental das mulleres na historia do concello.


Once mulleres e as súas historias son as protagonistas da mostra, impulsada polo Concello de Muros e a Deputación da Coruña, e inaugurada hoxe por María Lago, alcaldesa de Muros; Soledad Agra Tuñas, deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, e Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade.
María Lago afirmou que “en Muros xa non sorprende ver unha muller na alcaldía, pero durante décadas houbo no noso pobo un matriarcado, aínda presente, fundamental nos fogares e no desenvolvemento do concello”.
“Mulleres que abriron camiño, na maior parte das veces dunha forma anónima e invisibilizada, polo que este proxecto é unha reivindicación das súas vidas e as súas historias”, engadiu a alcaldesa.
A concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez, destacou “o privilexio de formar parte desta iniciativa, con exemplos de vida e sacrificio de moitas mulleres de Muros, representadas polas once que forman parte da exposición”.
Pola súa parte, Soledad Agra manifestou “a ledicia de apoiar desde a deputación este proxecto, no que o verbo ‘dar’ e protagonista, da man de mulleres que deron a súa vida polos demais”.
‘Ruando’ propón un percorrido polas rúas de Muros desde unha perspectiva innovadora, onde cada espazo cobra vida grazas ás historias e testemuños das mulleres que durante xeracións foron o motor da comunidade.
Un mapa emocional que permite conectar co pasado a través da memoria feminina por medio de imaxes e vídeos que se poden descargar por QR.
Esta exposición non só é un recoñecemento ao pasado, senón que tamén pretende estimular o diálogo interxeracional e subliñar a importancia das contribucións das mulleres no presente.

MUROS HOMENAXEA ÁS MULLERES QUE FORMAN PARTE DA HISTORIA DO CONCELLO

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.