Migallas, María de Xacobe e a Muiñada do Te, protagonistas culturais da “finde” rianxeira

18 Outubro 2024

A Área da Cultura de Rianxo compartiu a axenda de actividades programadas dende o departamento municipal e dende outras entidades culturais do termo municipal.

Venres 18

18:00 Pavillón do CEP Brea Segade, en Taragoña

Migallas Teatro – Cantaxoga

O grupo Migallas Teatro traerá o seu espectáculo musical infantil Cantaxoga ao pavillón do CEP Brea Segade, en Taragoña. Trátase dunha actividade lúdica e educativa, dirixida especialmente ao público infantil, onde as cancións, os xogos e o teatro únense para facer gozar ás crianzas e as súas familias, organizada ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada será de balde ata completar capacidade.

Venres 18

20:00 Centro Sociocultural – Auditorio – Salón de Actos 1º andar

Presentación do libro La Higuera Yerma, de María de Xacobe

A autoras, veciña de Pontecesures, defínese como unha apaixonada da historia medieval española, e adoita escribir ficción histórica con perspectiva feminina, romántica e fantasía; os seus libros son intimistas, unha mirada ao pasado, ás mulleres que nos precederon. La Higuera Yerma, que se presenta no Auditorio de Rianxo este venres, é unha novela de alma costumista, coa que viaxar a inicios do século XlX, a unha aldeíña galega. Unha novela que versa sobre a historia dunha desas mulleres anónimas, desas que debían soñar en silencio e finxir un doce sorriso ante a xente, nun tempo no que as afogaban a relixión e as convencións sociais. A autora estará acompañada do edil de Cultura Julio Alcalde.

SÁBADO 19

A partires das 10:30 H – Muíños do Cubo – O Araño

III MUIÑADA NO TÉ

Organizada pola Asociación de Veciños do Araño, ao longo da mañá do sábado 19 de outubro terá lugar un amplo programa de actividades que inclúe un roteiro polo rio con visita aos muíños e moenda, animación musical, xogos tradicionais, e rematara cuns petiscos e un concerto a cargo de Rukan Rockblues. Unha proposta aberta a todos os públicos que conta coa colaboración do Concello e o patrocinio da Deputación da Coruña.

… e a vindeira FIN DE SEMANA (25 a 27 Outubro)

VENRES 25

  • 20:00 Centro Sociocultural da Atalaia – Asados
  • Martabelas Teatro – Segredos de Familia e Licor Café
  • A compañía de teatro amador Martabelas Teatro representará a obra organizada ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada será de balde ata completar capacidade.
  • 20:30 Centro Sociocultural – Auditorio – Salón de Actos 1º andar
  • Presentación da novela A miña vida noutro lugar, de Rosa Suárez Redondo A autora rianxeira estará acompañada na presentación pola escritora Mª Carmen Caramés Gorgal, o escritor e investigador Xosé Ramón Brea Rey e o Concelleiro de Cultura, Julio Alcalde.

SÁBADO 26

  • 20:00 Campo de Arriba – Rianxo
  • Serán de Rianxo
  • O campo de Arriba de Rianxo volverá a  vivir unha  xornada chea de tradición e música coa celebración dunha nova  edición do SERÁN organizado pola Asociación Vai de Roda..
  • 20:30 Auditorio de Rianxo – Sala Arcos Moldes
  • Talía Teatro – Unha inimiga do pobo
  • Ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña, o Auditorio acolle a posta en escena pola compañía Talía Teatro da obra Unha inimiga do pobo. A entrada será de balde ata completar capacidade

DOMINGO 27

  • 18:30 Auditorio de Rianxo – Sala Arcos Moldes
  • VII Ciclo de Novos Intérpretes – Alejandro Sanjiao (clarinete)
  • Concerto de apertura do VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo en colaboración co Concello, na intención de achegar ao público as novas xeracións de artistas, O ciclo inclúe unha serie de 5 concertos entre os meses de outubro e decembro

Ademais, ata o vindeiro 2 de novembro podemos visitar a exposición REFLEJOS DEL ALMA de RAQUEL REY  

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.