María Rivas pon en valor o traballo da Comisaría de Policía Nacional de Ribeira e enxalza a colaboración coa Policía Local

03 Outubro 2024

Ribeira acolleu este 3 de outubro un acto conmemorativo organizado pola Comisaría de Policía Nacional con motivo da Festividade de Policía. No acto participaron, entre outras autoridades, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, o alcalde Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde Vicente Mariño, o xefe da Comisaría Provincial de Policía Nacional da Coruña, Carlos Gómez, e o xefe da Comisaría Local de Ribeira, Diego Amaya.

Rivas sinalou como retos de seguridade o reforzo da cultura de prevención fronte aos efectos da ciberdelincuencia e a protección das liberdades sexuais e das mulleres vítimas da violencia machista.

No que respecta á ciberdelicuencia, a subdelegada advertiu “do crecemento dun 20% nas estafas informáticas que se cometeron no Concello de Ribeira entre xaneiro e xuño deste ano”. Para reverter esta tendencia, fixo fincapé no fomento da cultura de seguridade en todos os sectores, incluíndo o empresarial e institucional pois “calquera podemos ser vítima destas organizacións”.

A esta realidade engadiu a loita contra os delitos que atacan as liberdades sexuais, sobre todo a violencia exercida sobre as mulleres. Unha tarefa na que, lembrou, “empregamos todas as armas que nos dá o Estado de Dereito, co obxectivo de que ningunha muller sufra acoso, explotación, ameazas ou agresións polo feito de ser muller”.

María Rivas lembrou á muller asasinada este ano en Ribeira pola violencia machista reafirmando o compromiso coa erradicación “desta secuela que nos fai retroceder en democracia”.

No seu discurso, a subdelegada puxo en valor o esforzo feito pola Policía Nacional para achegarse á cidadanía, e converterse nun corpo de seguridade de referencia e próximo. Un traballo que continúa e que se estende ás mensaxes, á comunicación e mesmo ás infraestruturas: “Ribeira é exemplo disto, coa súa nova comisaría, máis accesible e adaptada ás necesidades desta localidade”, sinalou.

Nesta proximidade, María Rivas puxo en valor o traballo desenvolvido pola Comisaría de Ribeira a través do Plan Maior Seguridade e o Plan Director de Convivencia Escolar, así como a relación de cooperación permanente que manteñen Comisaría e Policía Local de Ribeira. Cualificou esta colaboración de exemplo “de traballo conxunto entre corpos policiais baseado na confianza e respecto mutua”. Precisamente na cita deste xoves 3 a Comisaría homenaxeou á Policía Local de Ribeira en recoñecemento a este traballo conxunto.

A subdelegada fixo unha mención especial ao tres axentes que recibiron este 3 de outubro a súa condecoración ao Mérito Policial. Dous deles pola acción desenvolvida tras un intento de homicidio en vía pública e o terceiro, do equipo de radiopatrullas, en recoñecemento á súa traxectoria profesional.

O acto celebrouse na Casa do Mar de Ribeira e no centro urbano de Santa Uxía.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.