María de Xacobe presenta en Rianxo “La higuera yerma”, este venres no Auditorio Municipal

17 Outubro 2024

Este venres 18 de outubro celebrarase no Auditorio de Rianxo a presentación do libro La higuera yerma de María de Xacobe. Será a partir das 20.00 horas e contarase coa presenza da autora.

La higuera yerma é unha novela costumista e intimista que se ofrece ás lectoras e lectores en dúas entregas e que transcorre moi preto de Rianxo, en Pontecesures, durante os albores do século XlX. Está protagonizada por unha muller da época que constitúe, malia o contexto dominado polo poder dos homes, un exemplo de apoderamento feminino. Trata temas como a guerra da Independencia española, as convencións sociais da época e o papel feminino, sempre suxeito á potestade masculina.

María de Xacobe, nada na Estrada, é veciña de Cesures. Publicou oito novelas e ten colaborado en diversas antoloxías, na súa maioría benéficas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.