Máis de medio cento de persoas gozaron da Festa do Magosto no centro de día de Lousame

28 Outubro 2024

Máis de medio cento de persoas, entre maiores e familiares, participaron na tarde do pasado venres 25 de outubro na tradicional Festa do Magosto do Centro de Día de Lousame.

A festa contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, quen se amosou moi satisfeita “pola activa participación dos nosos maiores na celebración, non só bailando e cantando as distintas pezas, senón compartindo experiencias cos veciños e veciñas que se achegaron ata o Centro de Día”.

A concelleira agradeceu tamén a colaboración, un ano máis, do voluntariado de Lousame e do grupo de gaitas O Son do Pote (Tállara), que interpretou varias pezas e non foron poucas as persoas que se animaron a botar unhas bailas.

Un grupo de voluntarias sénior de Lousame, encabezado polo técnico municipal de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, e coa colaboración das voluntarias europeas Letizia Saccani e Fatma Erdemoglu, foi o encargado de elaborar as castañas.

As castañas degustáronse trala actuación musical nunha merenda para repoñer forzas complementada con rosca, galletas, zumes e refrescos.

Outros artigos

A Cátedra Castelao da USC proxectará a figura do autor rianxeiro

Este 5 de novembro a Universidade de Santiago activou a Cátedra Institucional Castelao, creada co obxectivo de “promover a difusión e proxección cara ao futuro da vida e a obra do autor e político rianxeiro, e, tamén, a lingua e a cultura galegas”. En palabras do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión