A escritora de Mazaricos María del Carmen Rey Nuñez vai presentar na súa terra o seu novo libro, Esconxuros de un rei, publicada por Baía Edicións. A cita literaria será este domingo 6 de outubro na Casa da Cultura de Mazaricos, a partir das 17.00 horas. Acompañando á autora estarán Encarna Pego Paz, mestra, e Belén López, editora.
María del Carmen Rey Núñez (Mazaricos 1964) é unha gandeira e escritora galega que ten publicado libros tan destacados como Escapados (2017), ambientado na Guerra Civil, ou Mulleres (2018), onde conta as vidas de varias mulleres que loitan e que se opoñen ao que o destino lles quere deparar.
En Esconxuros para un rei cóntanos a historia de Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida polo seu pai e mais pola súa nai Xacinta (que por mor de ter o pelo roxo e pencas foxe da inquisición de Castela) a unha meiga da montaña de Lugo.




