A chegada de dúas frontes moi activos este luns, e os restos do furacán ‘Kirk’ o mércores, deixarán unha semana de fortes precipitacións e refachos de vento.
Comezamos a semana co paso dunha fronte durante a mañá. Isto deixará unha primeira metade do día con chuvias que irán progresando cara ao interior; pola tarde teremos chuvascos probables en calquera punto ocasionalmente de carácter tormentoso. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará moderado do suroeste, con intervalos fortes no litoral da Coruña ao final da xornada.

O noso mar: Vento do sudoeste, forza 4 a 5 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Forte marusía á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



