Lorenzana anuncia en Boiro novas medidas para facilitar o crecemento empresarial

27 Outubro 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou este sábado 26 de outubro o concello de Boiro, onde mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde, José Ramón Romero, con vistas a analizar as necesidades de solo empresarial deste municipio. A conselleira destacou que “un dos obxectivos da política industrial do Goberno galego é que as empresas teñan máis facilidades de acceso ao solo industrial e promover o crecemento das empresas xa implantadas en Galicia”. Apuntou tamén que o proxecto de orzamentos da Xunta para o ano 2025 recolle a creación de novas figuras de aceleración da ordenación de solo empresarial, como as Zonas de Aceleración de Proxectos Empresariais e Solo, que permitirán, segundo explicou, “simultanear a tramitación urbanística coa dos proxectos, de xeito que se pasaría dunha media de dez anos a menos de dous anos para que as empresas poidan comezar a súa construción”.

María Jesús Lorenzana lembrou que “estas novas figuras de ordenación súmanse á medida xa anunciada, de poñer solo industrial gratuíto á disposición das empresas durante os primeiros oitos anos, unha medida pioneira que permitirá ao tecido empresarial acceder a máis de 500.000 m²”.

Esta iniciativa impacta no orzamento de Xestur por valor de 5M€.

Outros artigos

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Contra a incomunicación e o illamento

Continúa o importante labor da central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta A central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta fai un chamamento ás galegas e aos galegos para tirar proveito do servizo e atopar,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.