Localizan o corpo sen vida dunha muller aboiando no mar en Cambados

15 Outubro 2024
J.L.

Os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

Un particular alertou ao 112 Galicia dez minutos antes das 17 horas, e indicou que observaba o corpo dunha persoa aboiando no mar na zona da praia do Facho, en Castrelo. Na mesma chamada precisou que podía ser rescatado desde a beira, sen resultar necesarios medios acuáticos.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil de Cambados.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias recuperaron o corpo da muller e, nestes momentos, as forzas da orde traballan para esclarecer os feitos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...