Licitadas as obras para a mellora do espazo público viario do núcleo de Camboño, en Lousame

01 Outubro 2024

Renovarase o pavimento no interior do rural de Chousa, O Corral de Arriba e O Corral de Abaixo, na parroquia de San Xoán de Camboño, mellorando os acabados, renovando a canalización da augas pluviais e Instalando tubaxe para o futuro servizo de auga potable.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de licitar por 342.192 euros as obras para a mellora do espazo público viario do núcleo de Camboño, no concello de Lousame.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que finaliza o vindeiro día 29 de outubro.

A través deste contrato, ao abeiro do chamado Plan Hurbe impulsado pola Xunta co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas, executaranse a pavimentación deste núcleo de poboación, que inclúen actuacións encamiñadas á mellora estética e funcional deste espazo público empregado a día de hoxe como viario e zona de esparexemento cotiá dos veciños do municipio.

Na actualidade o interior do núcleo rural de Chousa, O Corral de Arriba e O Corral de Abaixo, pertencente á parroquia de San Xoán de Camboño neste municipio coruñés, presenta un pavimento de formigón moi deteriorado debido ó paso do tempo e á realización de diferentes reposicións.

A intervención obxecto de licitación consiste en executar os traballos necesarios neste espazo público viario do núcleo rural, nos que se inclúen a substitución do seu pavimento coa mellora dos acabados e do seu aspecto, e a renovación da canalización para a recollida da augas pluviais,  a Instalación de tubaxe para o futuro servizo de auga potable.

As obras, incluirá ademais a Instalación de iluminación publica e o soterramento das redes de baixa tensión e telecomunicacións existentes na actualidade no ámbito de actuación.

Estas actuacións enmárcanse nun convenio de colaboración asinado recentemente entre a Xunta, que asumirá o 70% do orzamento desta intervención; e o Concello de Lousame, que achegará o 30% restante, acadando as intervención un investimento global de case 385.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.