Isabel Cañas (CONGALSA) e José Carlos Vidal reúnense con SEA para recadar o máximo apoio de cara á ampliación da Tomada

09 Outubro 2024

O equipo directivo da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial da Tomada, formado polo Concello da Pobra do Caramiñal e por representantes de empresas do Polígono, mantivo este mércores 9 de outubro unha reunión de traballo con Beatriz Sestayo, xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), entidade que xestiona a dita superficie industrial situada no termo da Pobra.

Durante a xuntanza, que serviu para presentar ao novo equipo directivo da Entidade Urbanística de Conservación, liderado pola súa presidenta e directora de Relacións Externas de CONGALSA, Isabel Cañas, tamén se manifestou a necesidade de “abreviar os tempos para unha terceira fase de ampliación de terreos do polígono”. Neste sentido, Isabel Cañas manifestou que “a demanda de espazo é cada vez maior e contar cun polígono industrial con solo dispoñíbel é un gran atractivo para que se instalen novas empresas e para que as que están e necesiten máis espazo poidan chegar a el”. Ademais, lembrou que se trata dunha “zona industrial estratéxica” para a economía galega xa que reúne unha parte importante das industrias relacionadas co mar, ademais de que se atopa moi ben comunicada, “polo que é unha oportunidade para a nosa contorna contar con máis espazo empresarial”, indicou Isabel Cañas.

Seguindo esta liña expresouse tamén a xerente de SEA, Beatriz Sestayo, que incidiu na vontade da entidade que dirixe de acometer a ampliación do polígono da Tomada: “A nosa intención é axilizar ao máximo as xestións, pero, para que poidamos acometer o investimento, urxe atopar o emprazamento máis adecuado”.

Desde SEA, engadiu Sestayo, “levamos moito tempo traballando para buscar solucións ás demandas dos empresarios, tendo en conta de que xa hai varios que manifestaron a súa intención de establecerse na zona”. Explicou tamén que “tanto é o interese de SEA no proxecto que levamos anos apostando por esta comarca buscando localización para o que pretendemos conseguir o consenso de todos os operadores e administracións implicadas; solicitamos solo na Pobra sen desbotar outros puntos da comarca, e esa vontade é a que mantemos”, conclúe.

Pola súa banda o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, explicou que “seguimos traballando para que se materialice unha nova ampliación do Polígono Industrial da Tomada; un paso crucial para o crecemento económico da nosa localidade e a xeración de emprego”. Ademais, resaltou que “o noso polígono goza dun tecido empresarial heteroxéneo e dinámico, con empresas líderes nos seus respectivos sectores. Así mesmo, está nun lugar estratéxico, con moi boas comunicacións e servizos na contorna. Témolo todo, só nos falta maior superficie empresarial”.

Esta actuación, dixo, será beneficiosa “desde a perspectiva económica e social xa que somos moitos os municipios que temos como reto a fixación de poboación e a creación de postos de traballo xoga aquí un papel fundamental”. O Concello, concluíu, “seguirá traballando para traer máis solo industrial, máis riqueza para o noso municipio, máis apoio ás nosas empresas e emprendedores”.

Executado en dúas fases

O Polígono Industrial da Tomada executouse en dúas fases xestionadas por SEA. A primeira, cunha superficie bruta próxima aos 223.000 metros cadrados, constou de 48 parcelas e nela instaláronse 35 empresas nunha superficie industrial que superou os 142.000 metros cadrados. Esta fase leva en funcionamento desde 1995.

A segunda fase, inaugurada en 2015, desenvolveuse sobre unha superficie bruta de 106.350 metros cadrados, dos cales máis de 76.000 destináronse a 25 parcelas de entre 1.800 e 5.000 metros cadrados, que, en tan só catro anos, foron ocupadas tamén na súa totalidade.

A terceira fase podería desenvolverse sobre unha superficie duns 180.000 metros cadrados.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...