Igualdade da Deputación estrea en Outes “Espellos Íntimos”, un proxecto sobre a maternidade e os coidados

27 Outubro 2024

A Área de igualdade da Deputación da Coruña pon en marcha Espellos Íntimos, unha serie de obradoiros que van ter lugar en Outes, Santa Comba e Brión, onde se van empregar ferramentas artísticas e teatrais para encontrarse e visibilizar memorias e experiencias que teñen que ver coa maternidade e os coidados no rural galego. “Será xeito de crear comunidade dende o goce de contar e ser escoitadas”, sinalou a deputada de Outes, Soledad Agra.

“Queremos promover unha conversa conxunta e interxeracional sobre as maternidades e os coidados, cuestións que nos marcan como mulleres e que, cando compartimos, dalgunha forma as colectivizamos; algo que é fundamental, especialmente nas zonas rurais da provincia”, destacou Agra, engadindo que “queremos facelo empregando a arte e o teatro como elementos de transformación social”.

Espellos íntimos é un proxecto cun forte compromiso coa igualdade de xénero, xa que o espectáculo que se nutrirá del, trata unha cuestión como a dos coidados, unha carga que historicamente ten sido atribuída ás mulleres. “Xuntas atoparemos recursos teatrais, de memoria, de lazo social… para explorar, expresarnos e deixar as cousas vir na seguridade dun espazo humano que nos ampara”.

Dende mañá e ata o día 30 de 10 a 13h e o mércores 30 de 10 a 12h celebraranse estes obradoiros en Outes, que continuarán en Santa Comba os días 12, 13 e 14 de novembro de 10 a 13h e o mércores 14 de 10 a 12h, e rematarán en Brión os 13 e 20 de decembro de 16 a 20h.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...