Este venres comeza (en Boiro) a nova edición do roteiro “Barbanza Arousa, máis que tapas”

22 Outubro 2024

Esta fin de semana, entre o venres 25 e o domingo 27 de outubro, celébrase nos establecementos hostaleiros de Boiro a nova edición (a décima) da Ruta Barbanza Arousa, máis que tapas, impulsada pola mancomunidade de concellos formada por Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Rianxo (Barbanza Arousa).

Este ano o desenvolvemento do roteiro materializarase ao longo das fins de semana de outubro e novembro, coa idea de “aportar unha actividade dinámica para os establecementos de hostalaría na tempada baixa”.

Comeza como dixemos en Boiro, do 25 ao 27 de outubro; continuando en Rianxo, do 1 ao 3 de novembro; para seguir en Ribeira, do 8 ao 10 e rematando na Pobra do Caramiñal, do 15 ao 17 de novembro.

“Nesta edición, seguindo a evolución dos últimos anos, prevese que o número de establecementos participantes supere os 40 locais comprometidos con esta iniciativa”, manifestou na presentación da ruta Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade.

Ademais de organizar unha actividade que trata de incentivar a demanda na hostalaría en tempada baixa, “o obxectivo tamén pasa por promover o produto local desde a gastronomía, tanto o produto fresco coma a conserva, e os viños da IXP Barbanza e Iria”.

Na edición anterior, o impacto económico no territorio desta iniciativa superou os 40.000 euros, entre a venda de tapas e as consumicións que acompañaban ás mesmas. Neste ano estímase que supere esa cifra.

Ao igual que na convocatoria do ano 2023, a promoción da actividade irá da man de influencers do territorio que a través das súas canles en redes sociais promoverán a asistencia e participación nesta X edición da Barbanza Arousa Máis Que Tapas.

Como novidade, apostouse por incluír actividades diferenciadas en cada un dos concellos como son unha ruleta da sorte, cata de viños, obradoiro de cociña infantil e agasallos sorpresa para os participantes.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...