Este domingo toca reivindicar a mobilidade saudábel en Boiro con motivo do Día da Bici

17 Outubro 2024

Finalmente o domingo 20 de outubro imos ter unha oportunidade de reivindicar nas nosas estradas a mobilidade sustentábel e saudábel no Día da Bicicleta de Boiro, que se celebra a partir das 11.00 horas con saída na praza de Galicia e que fora aprazado no seu día por mor do mal tempo do pasado 6 de outubro.

O percorrido desta iniciativa non competitiva manterase o mesmo para o domingo día 20 con saída ás 11.00 horas da praza de Galicia pola rúa Principal e avenida de Compostela ata a Agramuíña (Escarabote), onde se vai realizar o primeiro dos agrupamentos. Continuará por Barraña para tomar dirección Cabo de Cruz pola avenida de Barraña e o esteiro do Coroño. En Cabo de Cruz farase un segundo reagrupamento e volverá a Boiro por Sestelo, o Seán, Exipto e a DP-1106 para chegar a Boiro e rematar na praza de Galicia.

As inscricións para poderanse seguir facendo ata o venres día 18 de outubro ás 12.00 horas no Departamento de Deportes do Concello de Boiro, situado na Casa da Cultura, ou no correo electrónico deportes@boiro.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.