En Outes o Concello achegou formación gratuíta sobre reanimación cardiopulmonar e desfibriladores

28 Outubro 2024

O Concello de Outes vén de realizar un curso de Soporte Vital Básico e Desfibriladores Semiautomáticos. A formación, desenvolvida de forma gratuíta para todos os equipos deportivos do termo municipal, foi avalada pola Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria SemFYC, a través do programa ESVAP.

O curso, impartido polos membros de Protección Civil, Álex, de Outes e Dany e Moisés, de Rianxo, e coordinados por Fran Lojo, tivo un grande éxito, ao contar co número máximo de participantes.

En palabras do Concelleiro de Deportes, Tono Caamaño, “trátase dun curso que debería ter, non só os adestradores deportivos, senón tamén todos aqueles monitores de actividades que reúnen un certo número de persoas continuamente, ademais de ser interesante para calquera outro colectivo. Trátase de saber como actuar no caso de que suceda algunha contrariedade con calquera persoa e poder axudar, mentres non acoden os servizos de emerxencia”.

É un curso que, dende a Concellaría de Deportes, continuarase ofertando nos vindeiros anos, “xa que existe moita xente interesada e parécenos algo primordial”, sinalou o edil.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.