En Boiro comeza a segunda pasada de desbroces anual en todos os camiños municipais

19 Outubro 2024

O Concello de Boiro comezou esta semana a segunda pasada dos desbroces que se realizan dúas veces ao ano. A concelleira de Medio Ambiente, Olga González, e o concelleiro de Medio Rural, Francisco Bermúdez, supervisaron esta mañá o resultado dos traballos no lugar de Aruxo, en Bealo.
Os traballos realízanse de xeito prioritario naqueles lugares nos que pode existir un perigo por motivos de visibilidade dos condutores ou os peóns, así como para a prevención de lumes. As tarefas de desbroce
realízanse en vías, pistas e camiños de titularidade municipal, tanto de xeito mecánico como manual para adaptarse ás necesidades e características propias de cada espazo.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.