
Este venres 25 de outubro comezará a Ruta de Tapas Barbanza Arousa en Boiro, que se prolongará durante toda a fin de semana.
Ás 20:00 horas deste venres inaugurará a ruta o influencer Rogelio Santos, realizando o percorrido polos diferentes establecementos adheridos, comezando no UTTAP, por ser un dos gañadores da pasada edición.
O sábado día 26 realizarase unha cata comentada dos viños da IXP Terras do Barbanza e Iria no establecemento UTTAP ás 20:00 horas. Poderase participar por orde de chegada ata completar aforo.
Ademais, igual ca o ano pasado, todos aqueles participantes, por cada tapa consumida obterán tarxetas rasca e gaña, coas que poderán ser agasallados con viños da IXP Terras do Barbanza e Iria e con packs gastronómicos de conservas de alta calidade do territorio.
As seguintes citas serán Rianxo, do 1 ao 3 de novembro; para seguir en Ribeira, do 8 ao 10 e rematando na Pobra do Caramiñal, do 15 ao 17 de novembro.




