Comeza con 50 participantes un novo curso das aulas para persoas adultas do Concello de Boiro

02 Outubro 2024

A concelleira de Ensino, Carmen Silva, participou este 2 de outubro na xornada inaugural das Aulas de Educación para Persoas Adultas que desenvolve o Concello de Boiro no curso 2024-2025 e que se desenvolven de luns a xoves en horario de 20.00 a 22.00 horas na Casa da Cultura local.

Segundo explicou o Concello, estas ensinanzas están orientadas a persoas maiores de 18 anos que non teñen o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, desenvolver ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. A concelleira animou ao alumnado no inicio das aulas: “Cada ano son moitas as persoas que se forman nestas aulas, que van moito máis alá de ter unha titulación xa que son unha experiencia moi enriquecedora no eido persoal”.

Entre os obxectivos específicos deste curso están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual. A Aula de Educación para Persoas Adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela e o profesorado do centro desprázase a Boiro para as avaliacións.

Participan nestas aulas un total de 50 alumnos e alumnas entre os 4 módulos: 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar e cada un dos módulo consta de diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.