Cambios na axenda do Outono Teatral de Outes: “Hugo” de Os Náufragos represéntase este 20 de outubro

15 Outubro 2024

Debido aos recortes orzamentarios que realizou o ministerio de Cultura nas axudas do INAEM, a asociación ASSITEJ vén de cancelar as súas obras de teatro incluídas no Outono Teatral de Outes. No caso da obra que estaba prevista para este venres, Kl’aa tu canción, o Concello ofrece un cambio na programación con Hugo de Os Náufragos Teatro, que se representará este domingo ás 19:00 horas. Esta obra será de acceso gratuíto e gozarán de reserva aquelas persoas que xa conten con bono miúdo. Haberá dispoñíbeis entradas para reserva telemática ou presencial na Casa da Cultura.

O resto da programación que non está dentro do circuíto ASSITEJ decorrerá con normalidade segundo o programa anunciado, explicaron dende a organización do Outono Teatral.

Sinopse

Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústanlle falar e as plantas. Hugo ten TEA. A máis recente creación da compañía Os Náufragos Teatro é Hugo, unha peza teatral que aborda o tema do trastorno do espectro autista na infancia. Unha peza chea de sensibilidade e empatía que fala da da diversidade, da convivencia e da beleza de sermos diferentes. A peza está dirixida polo dramaturgo Gustavo del Río e o texto foi creado co asesoramento e colaboración de ASPERGA, a Asociación Galega de Síndrome de Asperger.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...