Buscan un pescador desaparecido desde a noite do luns en Boiro

01 Outubro 2024

Participan na busca voluntarios de Protección Civil xunto a axentes da Garda Civil

Praia de Mañóns

A Garda Civil coordina o dispositivo de procura dun home que permanece desaparecido desde a noite do luns, cando saíu a pescar a unha praia de Boiro.

A esposa do desaparecido presentouse no cuartel do Instituto Armado na mañá deste martes despois de non ter noticias do seu marido durante toda a noite, segundo trasladou a Garda Civil.

A denuncia motivou a articulación dun dispositivo para dar co paradoiro do home, duns 70 anos de idade e que se dirixía a pescar na praia de Mañóns, en Abanqueiro.

No operativo participan voluntarios de Protección Civil xunto a axentes da Garda Civil, que mobilizou a membros do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas.

Tamén se solicitou a axuda dun helicóptero de apoio pero as malas condicións meteorolóxicas no norte da ría de Arousa impediron que tomase o voo pola mañá.

Espérase que a aeronave poida despegar para peitear a zona desde o aire durante a tarde do martes grazas á mellora da visibilidade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...