As ANPAs de Ribeira, co apoio do Concello, póñense en pé de guerra contra os recortes nos centros educativos

25 Outubro 2024

As asociacións de nais e pais do concello de ribeira (ANPAs) reuníronse este venres 25 de outubro no Auditorio de Ribeira para compartir cos medios e coa veciñanza un manifesto asinado por todas as organizacións contra os recortes que se están a dar nos centros educativos para este curso 2024/25. No punto de mira poñen a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que, segundo din, “na contra de investir para mellorar a calidade e a atención na educación, insiste nos continuos recortes e diminución dos seus recursos”.

Indican no manifesto que “nos últimos anos sufrimos todo tipo de recortes en educación: eliminación de aulas, aumento nos ratios, redución do persoal docente, de coidadores, de profesorado de apoio e nos equipos de Orientación, diminuíndo especialistas en Pedagoxía Terapéutica e en Audición e Linguaxe… e este ano, por desgraza non foi diferente, xa que en todos os centros educativos atopamos nenos e nenas que presentan algún tipo de necesidade especial ou dificultade no aprendizaxe, que precisan de coidadores e profesionais especialistas para atender as súas necesidades”.

No manifesto conxunto tamén recoñecer teren agardado, “dado o limitado dos recursos cos que contan os centros”, pola adxudicación de coidadores, especialistas en PT, AL e Orientación da Xefatura Territorial de Educación da Coruña, “coa esperanza de que os nosos centros educativos contasen cos profesionais necesarios para dar cobertura ás necesidades que ten este alumnado, pero en lugar dun mantemento ou incremento o que se fixo foi outro recorte”. Indican deste xeito que “en case todos os centros educativos do noso municipio, dun xeito ou outro, reducíronse o número e as horas de PT, AL, coidadores e profesorado de apoio”. isto, din, sumado á recuperación das merecidas horas de libre disposición dos docentes, “diminúe aínda máis o número de apoios nas aulas”, ao que cómpre engadir que non haxa persoal para cubrir as rozas necesarias e, por si fora pouco, seis centros do noso municipio quedaron fóra do PROA (Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo), o que se traduce nunha situación totalmente precaria, sobre todo se temos en conta que, máis có número de alumando con NEAE, o importante sería atender o grao de intensidade dalgunhas das necesidades de apoio que estes presentan”.

Nun plano máis concreto, sinala que “son moi poucos os recursos e as horas de especialistas para poder atender a todos os alumnos e alumnas que xa están diagnosticados, a un número aínda sen definir de casos pendentes de informe diagnóstico e outros que precisan de avaliación psicopedagóxica”, e tamén que “desapareceron os apoios necesarios dentro das aulas, unicamente é posíbel atender ao alumnado con sesións compartidas e privando a moitos rapaces e rapazas de sesións individuais ou do número de sesións que realmente lle son necesarias”. Critican igualmente que “hai niveis que quedan totalmente desatendidos, sen especialista algún”, por esta razón paréceslles “insuficiente que dende a Consellería só se estimen as necesidades de apoio nos niveis de Primaria, 1º e 2º da ESO, quedando desamparados Infantil e outros niveis que onde este alumnado seguen precisando apoio, como 3º e 4º da ESO, Bacharelato, a ESA ou o bacharelato de adultos; pois moitos destes rapaces e rapazas mellorarían moitísimo sendo atendidos de xeito temperá na educación infantil, ou os que promocionaron a niveis superiores loitando moito para chegar a eses niveis, ou aqueles que non precisarían chegar a estudos como adultos se recibisen os apoios necesarios no seu día, e que seguen precisando de axuda para poder cumprir con eles”.

Sete ANPAs do concello

O manifesto redactouse de forma conxunta polas ANPAS do CEIP de Palmeira, “A Gándara” do CEIP de Artes, “Monte Tahume” CEIP de Olveira, CEIP de Frións, “Santa Uxía” do CEIP O Grupo, EEI de Deán Grande e do “Caramecheiro” IES No1 de Ribeira; cuxa presidenta, Paz González foi tamén voceira nesta xuntanza.

Na convocatoria, a representante das ANPA, Paz González, presentou o manifesto e xunto cos seus compañeiros, mostraron o seu malestar e tamén anunciaron as futuras liñas de acción para que se lles atenda as súas demandas.

O acto contou co apoio do Goberno local de Ribeira representado polo rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, a concelleira de Facenda, Herminia Pouso, a conselleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes e a concelleira de Promoción Económica, Veva Betanzos.

O rexedor mostrou todo o seu apoio e engadiu que “chove sobre mollado; xa no ano 2022 a consellería de Educación aplicou un recorte de 12 profesores no Instituto Nº 1, tamén nos últimos anos reduciuse unha aula no CEIP de Palmeira e un longo etcétera, polo tanto, isto segue un camiño de constante deterioro do Ensino público”. Engadiu que o Goberno local de Ribeira brindará o seu apoio á comunidade educativa de Ribeira: “Contan co noso respaldo e imos pedirlle á Consellaría de Educación que atenda as demandas e dote profesorado suficiente os centros educativos para que a rapazada teña una educación de calidade”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...