Debido á choiva prevista para esta fin de semana en Rianxo, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza decidiu atrasar a celebración das Xornadas por un Monte Vivo ata próximo aviso.
As novidades sobre a celebración das Xornadas publicaranse na páxina web do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, así como nas canles en redes sociais do proxecto e das súas entidades socias.

Ambas as dúas xornadas ían dirixidas a mostrar os avances do Laboratorio nos últimos meses ao abeiro da Fundación Biodiversidad, facendo visíbeis as boas prácticas das comunidades de montes de Rianxo e inspirando a outros axentes a traballar en rede.
As entidades socias do proxecto son a Fundación RIA, entidade coordinadora do proxecto; a Plataforma pola Defensa do Monte, a Universidade de Santiago de Compostela (CISPAC, HISTAGRA e UXAFORES), a Universidad Pablo Olavide de Sevilla, a Fundación Montescola e o Concello de Rianxo. Colaboran as CMVMC de Baroña; Leiro; O Fieitoso de Taragoña; Araño; Paradela; Isorna; Campelo, Vilar e Cerqueiras.



