Activada a X edición da Ruta de Tapas de Barbanza Arousa (con cartas comentadas, obradoiros infantís e sorteos)

14 Outubro 2024

Na mañá deste 14 de outubro celebrouse en Ribeira a presentación da X edición da Ruta Barbanza Arousa, máis que tapas. A cita cos medios de comunicación celebrouse no Bar Plaza, na praza de Compostela, por ser este histórico local de Santa Uxía o gañador do concello ribeirense na pasada edición. Participaron nesta presentación o presidente da Mancomunidade e alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral; Julián Bustelo, vicepresidente deste ente e alcalde de Rianxo; José Carlos Vidal, alcalde da Pobra do Caramiñal; María Outeiral, concelleira de Cultura e Turismo de Boiro; Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade; Francisco Crusat, en representación das adegas da IXP Terras do Barbanza e Iria e representantes da empresa Somos Enredos, adxudicataria do proxecto.

Segundo explicaron, este ano o desenvolvemento da Ruta de Tapas será ao longo das fins de semana de outubro e novembro, coa idea de “aportar unha actividade dinámica para os establecementos de hostalaría na tempada baixa”.

Comeza en Boiro, do 25 ao 27 de outubro; continuando en Rianxo, do 1 ao 3 de novembro; para seguir en Ribeira, do 8 ao 10 e rematando na Pobra do Caramiñal, do 15 ao 17 de novembro.

“Nesta edición, seguindo a evolución dos últimos anos, prevese que o número de establecementos participantes supere os 40 locais comprometidos con esta iniciativa”, manifestou Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade.

Ademais de organizar unha actividade que trata de incentivar a demanda na hostalaría en tempada baixa, como expresou Luis Pérez Barral, presidente da Mancomunidade, “o obxectivo tamén pasa por promover o produto local desde a gastronomía, tanto o produto fresco coma a conserva, e os viños da IXP Barbanza e Iria”.

Na edición anterior, o impacto económico no territorio desta iniciativa superou os 40.000 euros, entre a venda de tapas e as consumicións que acompañaban ás mesmas. Neste ano estímase que supere esa cifra.

Ao igual que na convocatoria do ano 2023, a promoción da actividade irá da man de influencers do territorio que a través das súas canles en redes sociais promoverán a asistencia e participación nesta X edición da Barbanza Arousa Máis Que Tapas.

Como novidade, apostouse por incluír actividades diferenciadas en cada un dos concellos como son unha ruleta da sorte, cata de viños, obradoiro de cociña infantil e agasallos sorpresa para os participantes.

O alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, quixo agradecer a implicación un ano máis dos establecementos de hostalaría do territorio ao participar neste proxecto, “aportando a súa orixinalidade e bo facer nas presentacións culinarias que farán a delicia de todos os que participemos nas vindeiras fin de semana nalgún dos locais adheridos”. Asemade, convidou aos veciños e veciñas e visitantes a percorrer Barbanza Arousa degustando a súa gastronomía local.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...